Presentado o V Torneo Padel Cidade de Ribeira

RIBEIRA> O Centro de Raqueta de Coroso vai albergar do 12 ó 21 de agosto a quinta edición do Torneo de Padel de Ribeira. A cita presentada esta mañá está organizada polo Club Padel Ribeira que coa colaboración do Concello.

O certame contará con un total de cinco categorías.

No torneo repartiranse máis de tres mil euros en premios en metálico, ademais de lotes de produtos de conservas e material deportivo que se entregarán ós gañadores. Os interesados en participar poden facelo na páxina web mistorneosonline.es ou a través da propia organización no teléfono 670 77 39 93. O prazo para anotarse estará aberto ata o vindeiro 8 de agosto.

Dende o Club Padel Ribeira agradeceron tamén a colaboración de diferentes empresas e casas comercias da localidade xa que sen a súa axuda sería practicamente imposible poder organizar este torneo.