Desestacionalización e internacionalización. Obxectivos de Sanxenxo en Fitur

MADRID> Sanxenxo quixo promocionar en FITUR seu potencial turístico. A localidade traballa na desestacionalización do sector, para que a localidade sexa referencia vacacional os 365 días do ano. Outro dos obxectivos nos que traballa o municipio é na captación de máis público internacional.

Sanxenxo é referencia para o turismo en toda España. O seu paso por FITUR vén marcado pola satisfacción de terse convertido nun imprescindible para o sector no norte peninsular.

Porque a desestacionalización do turismo segue a se-lo principal obxectivo do Concello de Sanxenxo. Nese reto levan tempo traballando no municipio, tentando encher de vida a vila máis alá do verán.

En Fitur, a vila sanxenxina puxo sobre a mesa todo que pode ofrecer. Porque cada vez son máis os que elixen Sanxenxo para pasa-las súas vacacións, veñan do resto de España ou do Mundo.