RIBADUMIA> O Rápido de Bouzas é o equipo que este ano completa o triangular do Torneo Concello de Ribadumia de Fútbol. A vixésimo-oitava edición da proba vai ter lugar este sábado no Campo da Senra. Para os equipos locais, o Umia e o Ribadumia, a xornada serve de preparación para a vindeira tempada.
A proba vai ter lugar este sábado, a partir das das 7 da tarde, no campo da Senra. O triangular estará composto polo Umia, o Ribadumia e o Rápido de Bouzas. Os viguses son o combinado convidado esta ano á proba, que suma xa ás súas costas 28 edicións.
Este ano, o equipo organizador é o Ribadumia Fútbol Club. O Torneo Concello de Ribadumia de Fútbol consolidouse xa como un dos eventos deportivos do verán na comarca do Salnés.
Para o Concello, o torneo serve para unir lazos entre veciños e poñer en valor os valores da sociedade. O rexedor aproveitou para lembrar que xa está aberto o prazo de inscrición para a Gala do Deporte do Concello deste 2019. Pecharase o vindeiro 20 de agosto.