O Rotogal Boiro Voleibol logra un ascenso histórico á Superliga 1

BOIRO> Nesta competición milita a elite do voleibol a nivel nacional. A Federación Española de Voleibol confirmou xa o ascenso dos boirenses.

Despois de varios anos intentándoo, quedando a un só paso do ascenso, o Rotogal Boiro Voleibol estará o vindeiro ano na Superliga masculina. Unha competición na que milita a elite do voleibol a nivel nacional.

Segundo confirmou a propia Federación Española, a competición arrancará o ano que vén con 14 equipos. Xunto ós boirenses, ascenderá tamén o Barcelona Voleibol, e non haberá descensos de categoría.

Tanto galegos coma cataláns eran os dous equipos que lideraban a clasificación nos dous grupos da Superliga 2 cando se decidiu dar por rematada a liga coa chegada do coronavirus.

A confirmación do ascenso foi acollida con gran ledicia no club boirense, que a pesar da súa recente historia, conta xa cun gran palmarés. a xunta directiva traballa xa en preparar a competición do ano que vén para a que necesita contar cun presuposto non inferior ós 150 mil euros, o dobre do orzamento deste ano, xa que o gasto nos desprazamentos será maior, e o reforzo do plantel antóllase tamén necesario coa idea de non pasar apuros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí