O Celta levanta por segunda vez a Copa Ribadumia

RIBADUMIA> Outra fin de semana de deporte no concello de Ribadumia. O campo da Senra acolleu a quinta edición da Copa Ribadumia en categoría infantil. Unha cita na que este ano se coroou gañador o Real Club Celta. Fíxoo despois de impoñerse ao Vitoria de Guimaraes por 2 goles a cero.

Os dous tantos de Gabriel Rocha e Germán Alonso fixeron ao Real Club Celta gañador da quinta edición da Copa Ribadumia en categoría infantil. Os vigueses enfrontáronse ao Vitoria de Guimaraes nunha cita que volveu traer a Ribadumia o mellor deporte base.

O Celta puxo o broche de ouro a un campionato no que non encaixou ningún gol en oito partidos. É a segunda vez que os celestes levantan esta Copa Ribadumia, tras facelo na edición do 2023.

A cita volveu estar organizada polo Club Deportivo Ribadumia contando co apoio do concello. Unha nova demostración da aposta que o goberno local fai polo deporte.

Quen seguiu a final dende a grada foi o presidente da Real Federación Española de Fútbol, e veciño de Ribadumia, Rafael Louzán.