MEIS> A Garda Civil abre un expediente de infracción contra o Club Mont Parnasse de Meis por diferentes infraccións no local. Avanzouno hoxe a alcaldesa da localidade.Segundo indicou, ese expediente está en trámite a raíz da festa prohibida a pasada semana e que, supostamente, acabou celebrándose no interior do club. A solicialista advirte que tódalas licenzas do local están sendo revisadas.
A polémica festa da pasada semana puxo o foco neste club de Meis. A raíz dese evento, prohibido a escasas horas de que tivese lugar, a Garda Civil abriulle un expediente de infracción ao Mont Parnasse. Confirmouno esta mañá a alcaldesa da localidade.
Segundo distintas informacións, ese festexo con camareiras en topless acabou tendo lugar no interior do local. Segundo explica a rexedora, o expediente agora en curso non deriva só dese evento. A Garda Civil tería detectado diferentes infraccións..
A rexodora insiste en que tódalas licenzas do local da Goulla están sendo revisadas.Tamén serán examinadas as do outro local de alterne, situado nesa mesma contorna.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, de visita esta mañá en Meis, felicitou á rexedora por poñe-lo foco na situación legal destes dous locais. Reivindica que se prohiba a prostitución, que tacha de “escravitude de mulleres”.