Só o Vilalonga foi quen de gañar na xornada adiantada de Terceira

SALNÉS > Moi mala xornada para os equipos da comarca no que a fútbol se refire. Só o Vilalonga foi quen de gañar, mentres que Portonovo

…Céltiga e Arousa caeron derrotados, todos eles pola mínima. Sen tempo prácticamente para o descanso, esta fin de semana terán unha nova ocasión para redimirse dos malos resultados acadados onte.

A Terceira Galega é unha categoría na que si un é forte na casa, xa ten moito gañado. E iso é do que presume o Vilalonga. O mellor equipo da liga coma local, sumou a súa cuarta victoria da temporada en San Pedro, desta volta a costa do Negreira, por 2 a 0. Os goles de John e Albert e un excelente traballo defensivo, mete ós de Josiño no grupo de cabeza.

Un grupo ó que non se puido enganchar ó Celtiga tras perder onte na casa ante o Coruxo por 1 a 2. Os vigueses demostraron coa súa boa pegada por qué son candidatos ó ascenso este ano. O Céltiga marchouse ó descanso con dous goles de desvantaxe, e o tanto de Manuel na reanudación foi insuficiente para arañar algo positivo.

Tampouco sacou nada bo o Arousa na súa visita ó campo do Verín. Os vilagarcianos fixeron un bo traballo defensivo durante o partido, tentando saír á contra; pero a seis minutos para o final, os locais, por mediación de Hugo, acadaban o único tanto do partido, que á postre valeu os tres puntos.

Por último, o Portonovo, que como o Arousa, botou por terra todo o traballo feito nos últimos minutos. Os de Piscis adiantáronse a pouco de comeza-la segunda metade grazas a un gol de falta de Tinaia. Pero César, de penalti, e Brais, a falta de cinco para o final, remontaron para o Santa Comba. 2-1.

Agora tocará recuperarse física e moralmente para o seguinte partido. O Portonovo recibe ó Alondras na casa e o Arousa fará o mesmo co Montañeros. Mentres o Vilalonga desplázase fóra para xogar co Pontevedra B, e o Céltiga visita ó Rápido de Bouzas. Tódolos partidos están programados para a xornada vespertina do domingo.

Redacción Salnés