Arousa e Céltiga asinan táboas nun derbi moi disputado

futbol250_310308.jpgSALNÉS > Gran xornada para os equipos do Salnés. Todos poden darse por satisfeitos cos resultados acadados, todos menos o Céltiga que tivo a victoria na man e deixouna escapar.

Bo fútbol o que se puido ver na Lomba, interrumpido na primeira metade pola tremenda granizada que caeu en Vilagarcía.

Foron superiores os da Illa porque souberon maniatar o xogo creativo do Arousa; foi superior ata que se adiantou no marcador, grazas a un tanto de Adrián Nieto, o cuarto en dous partidos.

Despois do gol botáronse atrás e aínda que non pasaron por moitos apuros, renunciaron a seguir atacando. Cando máis semellaba que tiña controlado o encontro o Céltiga, chegou un estrepitoso erro de Vladimir, a nove para o remate, que supuxo o empate final e o conseguinte reparto de puntos.

O que non repartíu e quedouse cos tres puntos foi o Portonovo, que continúa intratable na casa. Onte visitaba Baltar o Montañeros, que precisaba da victoria para seguir loitando polo ascenso, pero os coruñeses non foron quen de superar ós de Piscis. Os goles de Miguel e Nacho antes do descanso sentenciaron o encontro.Agora son seis puntos os que separan ó Portonovo do descenso.

Por outro obxectivo ben diferente está a loitar o Vilalonga, que continúa a seis puntos do cuarto clasificado tras vencer onte con autoridade ó Rapido de Bouzasw por 1-2. Marcaron Comesaña e Aitor.

Destacar os resultados de Preferente Autonómica: Ribadumia 0-2 Barbadás e Salvaterra 1-1 Unión Grove.

Redacción Salnés