Nada, roda, corre en Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo quece motores para a 113 Swim Ride Run. O triatlón media distancia percorrerá a vila o vindeiro día 8 de maio, congregando a centos de atletas. Silgar, o paseo ata Portonovo ou a praia da Lanzada, son algúns dos enclaves que forman parte do trazado.

 

Sanxenxo quere presumir de entorno e de instalacións coa 113 Swim Ride Run. A proba, en forma de triatlón media distancia, atraerá ata o concello a centos de atletas.

A cita será o vindeiro 8 de maio, aínda que xa o 7 comezará o ambiente co rexistro dos participantes na Praza do Mar. O domingo a primeira hora comezarán as probas masculina e feminina, que arrincarán coa parte a nado dende a praia de Silgar.

A día de hoxe xa hai 100 inscritos na proba, aínda que a organización agarda que na última semana se multipliquen. Entre eles figuran nomes de recoñecidos atletas deste deporte, como Sonia Pariente, Miki Acosta ou Juan Francisco Fernández Moldes, que farán da proba unha atractiva cita do Triatlón.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/26/ptac_triatlon_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/26/ptac_triatlon_sanxenxo.mp4{/flowplayer}