O Couto celebrou a III Edición da Festa da Sidra

NOIA> A aldea noiesa do Couto celebrou esta fin de semana a terceira edición da Festa da Sidra. Unha cita festiva de recente creación pero que vai camiño de consolidarse no calendario festivo estival .

Centos de persoas achegáronse tamén esta pasada fin de semana ó Couto para disfrutar das súas festas patronais. Trala misa solemne oficiada como de costume na capela de San Bernardo, despois da súa restauración, tivo lugar a tradicional procesión coa Virxen das Dores. Rematados os oficios relixiosos, continuouse coa festa, na que se incluía a terceira edición da Festa da Sidra. Unha cita que os veciños desta aldea noiesa están tratando de recuperar despois de máis de vinte e cinco anos sen celebrala, coa axuda tamén da fábrica de elaboracion das diferentes sidras e doces de froitas Val do Traba, asentada no lugar, e cuxos propietarios propuxeron por a prezo de coste os seus produtos e doar todo o beneficio para financiar a festa. Ademais da sidra, ofreceuse a tódolos que quixeron achegarse sardiñas e bolos preñados. A animación musical correu a cargo do grupo Charada e da Discomóvil Deluxe.