A POBRA> Veciños Independentes da Pobra segue a reclamar a mellora das vías en mal estado de todo o termo municipal. Desta volta esixen que se acondicionen algúns treitos da estrada do Cagulo ó Inferniño así como unha maior frecuencia na limpeza das cunetas.
Os membros da formación política Veciños Independentes da Pobra recollen as demandas dos veciños do Cagulo que reclaman unha mellora da vía que conecta co Inferniño e chega ata a estrada principal na Pontebarbanza.
Outra demanda, tamén na parrqouia de San Isidro, refírese a mellora do acceso á fonte de Sampaio que se atopa moi deteriorado ante o constante tránsito de vehículos pesados.
Dende VIP tamén solicitan, segundo lles trasladaron os veciños, unha maior frecuencia da limpeza da maleza nas cunetas posto que actualmente se realiza tan só unha vez ó ano.