Os olímpicos de vela competirán en xuño na Ría de Arousa

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/31/regatas_vela_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/31/regatas_vela_deputacion.mp4{/flowplayer} 

     

    PONTEVEDRA> Vilagarcía converterase no epicentro da vela en España. A vila acollerá durante este ano cinco probas de carácter nacional, que entre os meses de abril e novembro reunirán a máis de 600 deportistas e 500 embarcacións. O calendario vivirá o seu punto álxido no mes de xuño: a Ría de Arousa acollerá o Campionato de España de FORTY-NINER e FX, no que participarán os olímpicos que estarán nas Olimpíadas de Río do 2016.

    No mes de xuño, a Ría de Arousa converterase na antesala das Olimpíadas de Río do 2016. O Centro Galego de Vela de Vilagarcía será a sé do Campionato de España de Forty-Niner e FX.

    A proba celebrarase os días 22 e 26 de xuño e forma parte dun importante calendario de probas da Real Federación Española que acollerá Vilagarcía neste 2015, patrocinado pola Deputación. A primeira será xa esta Semana Santa, entre os días 2 e 5 de abril.

    Para esta Copa de España de Optimist xa hai apuntados 154 rapaces de entre 6 e 15 anos, que chegarán dende catorce comunidades autónomas diferentes para gozar dos tres días de regatas.

    As probas que completan o calendario son a Copa de España laser 4.7, do 30 de abril ao 3 de maio, a Copa España Laser Radial, do 9 ao 12 de outubro e, para pechar o ano, a Copa de España 420, xa no mes de novembro.

    En total, cinco probas que farán que máis de 600 deportistas e 500 embarcacións pasen por Vilagarcía e a Ría de Arousa.