A Directora de Turismo de Galicia visitou este xoves o cole de Rubiáns

VILAGARCÍA> A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro visitou este xoves o cole de Rubiáns. Alí Castro interesouse polo plan turístico que deseñaron dende esta comunidade educativa, que xa nos ten acostumados ao éxito das actividades transversais que se realizan dende este centro educativo .
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro visitou esta mañá o cole de Rubiáns. Alí alumnos de diferentes cursos puideron coñecer un pouco máis do seu traballo a fronte de Turismo de Galicia.
Como ven sendo habitual nesta escola de Vilagarcía, cada curso o dedican a unha actividade concreta, neste caso verso sobre como é a nosa comunidade.
Sen dúbida unha actividade que a bo seguro traerá consigo moito aprendizaxe e que axudará a que estes pequenos cidadás de hoxe, e que serán os do mañá coñezan máis a fondo a súa comunidade e costumes.

Comments are closed.