Arde un autobús que transportaba 50 escolares de Vilagarcía

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/busfilipensesvilla.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/ARDE_BUS_ESCOLAR_VILLA.mp4 {/flowplayer} VILAGARCÍA> Foi á altura do vial de acceso ó Porto, en Rubiáns. O vehículo viña do Zoo de Vigo, onde os nenos desfrutaran dunha mañá de excursión cando o chófer detectou unha avaría. Ía perdendo gasoil e decidiu parar. De inmediato o autobús prendeu lume vivíndose momentos de pánico. Ninguén resultou ferido. O que comezara como unha mañá de diversión visitando o Zoo de Vigo rematou en esceas de tensión e incluso pánico. Un autobús que transportaba a cincuenta cativos de tres e catro anos do colexio Filipenses de Vilagarcía quedou totalmente calcinado logo de arder cando estaba a piques de chegar ó seu destino. Foi en torno ás dúas da tarde en Rubiáns, á altura da circunvalación sur. Os mestres que viaxaban cos escolares comezaron a notar un forte olor a combustible e alertado tamén o condutor, decidiu para o vehículo. Nese intre comezaron a saír lapas da parte traseira co consecuente susto e alarma que se creou entre os cativos. Os mestres procederon de inmediato a evacuar ós nenos de xeito ordenado e velando pola súa seguridade, xa que estaban en plena estrada. Mentres, no colexio, vivíanse momentos de pánico entre os pais a medida que lles chegaban fotos do vehículo sinistrado. Os veciños da zona volcáronse cos cativos e repartíronlle leite e galletas para intentar calmalos e distraelos ata que chegaron dous autocares que os recolleron e os levaron finalmente ó colexio en torno ás tres da tarde.