Preto de 350 piragüistas participarán na XLII trofeo Princesa de Asturias

SANXENXO> Máis de 350 piragüistas participarán na cuadraxésimo segunda edición do Princesa de Asturias. En idade dende cadetes ata absolutos, a máxima categoría comezará a competición dende Sanxenxo. O evento terá lugar  o vindeiro 15 de agosto as 11:30 horas.

Como cada 15 de Agosto o club de Piragüismo de Portonovo e a Federación Galega de Piragüismo celebraran o trofeo Princesa de Asturias. Este ano, na súa cuadraxésimo segunda edición participarán preto de 350 padexeiros.

Dende Portonovo sairán 45 embarcacións de K4 e C4 e dende Combarro cerca de 85 con destino á ponte dos tirantes de Pontevedra. A competición lévase a cabo grazas á colaboración dos concello de Sanxenxo, Poio e Pontevedra. Dende o municipio do Salnés destacan a importancia para a vila de apoiar os deportes náuticos.

Dende o concello de Pontevedra cualifican ao Piragüismo como un deporte estratéxico por todos os éxitos que acada para a provincia.

Ao éxito deste deporte tamén se referiu o presidente da Federación, que felicitou ao clubs polo gran traballo que fan dende a canteira.

O trofeo comezará as 11:30 horas dende Portonovo pero os que se acheguen a Sanxenxo poderán gozar de moita máis competición xa que o único porteo terá lugar á altura da praia de Silgar.