Arealonga, A Lomba e Vagalume estrearán os ‘camiños escolares seguros’ de Vilagarcía

VILAGARCIA>  Impulso ós camiños escolares seguros no Concello de Vilagarcía. A intención do goberno local é crear unha serie de rutas para que os nenos vaian ó colexio a pé por unha vía na que teñan preferencia. Os primeiros camiños escolares implantaranse nos colexios da Lomba, Arealonga e Vagalume. O proxecto foi aprobado esta mañá en Xunta de Goberno.

Ir á escola como se fixo sempre: a pé e dun xeito seguro. Ravella aprobou esta mañá un proxecto para impulsa-los denominados camiños escolares.

Os primeiros camiños escolares seguros terán como punto de destino os colexios da Lomba, Arealonga e Vagalume. Para a concelleira, con esta medida, a rapazada gana autonomía e tamén en seguridade.

Para a posta en marcha dos camiños escolares seguros aínda haberá que agardar. Esta mañá aprobouse o proxecto en Xunta de Goberno. Polo de agora, Ravella evita fixar unha data para a súa implantación.

A Lomba, Arealonga e Vagalume, no seu conxunto, son os centros da cidade que condensan o maior número de alumnos de toda Vilagarcía, de aí que o goberno local decidise que os primeiros camiños escolares tivesen como destino estes colexios.