O CD Unión será pregoeiro das festas da Guadalupe

RIANXO> O Club Deportivo Unión será o pregoeiro deste ano das Festas da Guadalupe. O Concello e a Comisión de Festas así o acordaron, ó conmemorarse o cincuenta aniversario da fundación do equipo.

O Club Deportivo Unión será este ano o pregoeiro das Festas da Guadalupe coincidindo co celebración do seu 50 aniversario. O Concello e a comisión de festas quixeron premiar deste xeito o labor realizado pola equipo durante este medio século de vida.

Durante estes días o equipo está a desenvolver numerosos actos conmemorativos. Ademais dun xantar de confraternidade no que se homenaxeou a tódolos presidentes que formaron parte da entidade dende o ano 1.969, no que tomaron parte tamén directivos e antigos futbolistas, o Club organizou unha exposición de fotografías na que se recolle parte da súa historia na que se inclúen campionatos de liga en Terceira, Segunda e Primeira Rexional, así como varios ascensos a Rexional Preferente. Sen esquecer tampouco dúas Copas do Sar e unha Copa da Deputación. Un palmarés impresionante, a pesar de ser un club modesto

Ó longo destes cincuenta anos polo Unión foron pasando tamén numerosos xogadores, hoxe xa parte da súa historia. Paco Janché, Cheíño, Tucho ou José Manuel foron, se cadra, algúns dos máis destacados.. todos eles futbolistas xa doutra época e que a día de hoxe continúan aínda na memoria de moitos rianxeiros…

O Unión traballa xa en novos retos, con soños e metas aínda por descubrir…con historias aínda pendentes de escribir..pois aí reside boa parte do éxito…