A Pobra acollerá este domingo a segunda proba da ‘Bike Series 2018’

POBRA> Será a BTT de Postmarcos, na que se prevé unha cifra similar de participantes á do pasado domingo en Ribeira, que se situou no centenar de corredores.

A Bike Series chega este próximo domingo á Pobra do Caramiñal coa disputa da BTT de Postmarcos. Trátase da segunda proba do circuíto despois da disputada a pasada semana en Ribeira. o trazado será duns 35 quilómetros cun desnivel positivo que acada os 1.200 metros.

Dende o concello da Pobra, que colabora con Arousa NeO na organización da proba, destacaron a importancia desta carreira que vén a cubrir un baleiro neste tipo de modalidade deportiva.

A derradeira proba do circuíto será xa o domingo 11 de novembro coa Contrarreloxo BTT de Portosín. O máis regular nestas tres probas será o gañador do circuíto nesta primeira edición.