Nova cita co San Ramón de Bealo este próximo sábado

BOIRO> Este próximo venres arrancan as festas do San Ramón de Bealo que como cada ano contan cun programa do máis variado e para todos os gustos. A presentación do cartel dos festexos tiña lugar esta mañá no Concello.

A parroquia boirense de Bealo celebrará a partir deste próximo venres as súas festas patronais, nas que se inclúe a tradicional Romaría do san Ramón, o sábado 31 de agosto. Unha festa declrada de interese turístcio galego que se vén celebrando ininterrompidamente dende hai uns 263 anos.

Este ano os festexos incorporan algunhas novidades, como é a hora sen ruído.

Outra das novidades deste ano é a instalación dun punto violeta para loitar contra as agresións machistas. O espazo estará situado nas inmediacións do campo da festa e estará atendido por persoal especializado.