A POBRA> Non se fixeron agardar tampouco as reaccións doutros grupos políticos. Representantes de SUMAR Galicia reclamaban medidas dende a praia da Corna, na Pobra, a onde tamén chegaron restos deste vertido.
Os restos chegaron tamén á praia da Corna, no límite entre Ribeira e A Pobra. Alí, membros da promotora Sumar Galicia supervisaron o estado do areal e pediron dilixencia ó resto das administracións para retirar os residuos antes de que derive nunha castástrofe ambiental.
Tamén o candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou dende a praia de Area Maior en Louro, apoio ós concellos para conter a chegada deste material á costa.