BOIRO> A conserveira asentada en Boiro superou os 600 millóns de euros de facturación durante este ano 2017. Ano histórico para Jealsa. O 2017 que está a piques de rematar posibilitou que a empresa superase os 600 millóns de facturación. Así o anunciou o presidente do grupo, Jesús Alonso Escurís, durante a celebración da tradicional festa de Nadal con tódolos seus traballadores. Segundo el tódalas unidades de negocio medraron, incluído a de Mercadona, compañía da que a conserveira boirense segue a ser o seu principal cliente, do que é interproveedor dende a adquisición de Escurís. A boa marcha da empresa posibilitou tamén o incremento do seu número de traballadores, aumentando en máis de cen persoas con respecto ó exercicio anterior. En canto ó capítulo de investimentos, a empresa mantén un ritmo de alto de sesenvolvemento, e durante este ano investíronse en melloras de procesos máis de 22 millóns de euros, o que permitiu unha maior eficiencia das fábricas. De cara ó futuro, as intencións do grupo Jealsa pasan por seguir optimizando o seu sistema de producción e por ofrecerlle ós seus clientes un servizo más áxil. Un feito que será tamén unha realidade despois de levar a cabo a ampliación das actuais naves do Bodión, grazas á aprobación do Plan Sectorial por parte do Consello da Xunta hai apenas unhas semanas.
Inicio BARBANZA