O Outono Micolóxico presentará unha gran variedade de cogomelos

VILAGARCIA> Como é habitual nesta época, chegan as setas e con elas un novo Outono Micolóxico en Vilagarcía. A agrupación a Cantarela celebra dende o 11 ao 24 de novembro a trixésimo sexta edición deste festival. O evento inclúe conferencias, exposición e concursos.

Coa chegada do outono chegan os cogomelos e con eles o Outono Micolóxico. A agrupación Cantarela celebra en Vilagarcía a trixésimo sexta edición deste festival. Un programa cunha ampla oferta de actividades.

As actividades que máis gozan os visitantes son os concursos. O festival acolle ata tres certames diferentes: un de cociña, que xa alcanza a súa vixésimo sétima edición; un de debuxo para nenos e outro de fotografía.

Durante os 15 días que dura o festival pasarán por Vilagarcía expertos do mundo dos cogomelos, tanto en coñecementos como na cociña.

As exposicións son outra parte fundamental deste festival. Este ano ante as intensas choivas, pode atoparse no monte unha gran diversidade de cogomelos, o que permite ter unha mostra moi completa.

O día 23 terá lugar a sesión de clausura onde se entregarán os premios dos concursos. O festival pecharase o domingo 24 cun xantar micolóxico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí