O GROVE> O Concello do Grove di estar preocupado polo alto número de casos de violencia de xénero activos na vila. Nestes momentos hai 14 e a maioría das vítimas teñen menos de 45 anos. Esta mañá, o municipio adheriuse ao novo protocolo VIOXÉN, que reforza a colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do estado e a Policía Local para protexer ás vítimas da violencia machista.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade do Grove, na que o municipio se adheriu ao novo VioXén, un protocolo de colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local no marco do programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero.
No Grove hai nestes momentos 14 casos activos de violencia de xénero. Case o 79% das vítimas da localidade ten menos de 45 anos.
O alcalde do Grove alerta do elevado número de casos de violencia de xénero que se rexistran na localidade.
O Grove é o sexto concello da provincia que procede á renovación do Vioxén, un trámite que deben formalizar todos aqueles municipios que desexen permanecer dentro do Sistema . O novo protocolo recolle o reparto de funcións e asignacións de vítimas entre as Forzas e Corpos de Seguridade e adecúase ás referencias normativas actuais.