Vilanova bailará a ritmo de West Coast Swing

VILANOVA> O swing da costa oeste dos Estados Unidos chega á comarca do Salnés. O concello de Vilanova acollerá a primeira edición do Magosto Westei. Clases de baile, exhibicións e concertos completan un evento que se mesturará co magosto tradicional galego. Celebrarase de venres a domingo no pavillón multiúsos de Vilanova.

West Coast Swing é un estilo de baile que naceu, como o nome indica, na costa oeste dos Estados Unidos nos anos 30. Dos Estados Unidos a Galicia. De costa oeste a costa oeste. O West Coast Swing chega agora á comarca do Salnés. A West Coast Swing Galicia e o concello de Vilanova organizan a primeira edición do Magosto Westie.

O evento terá lugar do venres ao domingo no pavillón multiúsos de Vilanova. Será tres días de moito baile, con clases abertas, o concerto do grupo desconcerto e a exhibición de dous artistas con fama internacional como Sara Mouchón e Miquel Menéndez.

O festival mestura o swing da costa oeste dos Estados Unidos cunha tradición galega, o magosto.

Todas as actividades son gratuítas agás o concerto que terá un custo de 5 euros. Dende o concello non descartan a idea de poder retransmitir o evento en directo a través da súa canle de youtube.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí