A mellor centola do mundo, con selo identificativo propio

O GROVE> A campaña da centola vai arrancar o vindeiro luns e no Grove faino cun distintivo propio. Despois de varios intentos a Confraría de San Martiño logra sacar adiante o selo “Centola do Grove”. A marca servirá para distingui-lo produto no mercado, algo moi demandado polo consumidor.

A partir do vindeiro luns, a centola do Grove vai lucer un selo como este. O distintivo identifica o produto meco entre os demais, algo moi demandado polo consumidor.

Conseguir esta marca non foi doado. Atrás quedan tres anos de moito traballo e varios intentos fallidos

E o resultado final é este logotipo que lucirá a centola meca a partir do vindeiro luns. A marca serve para diferencia-la súa calidade respecto ó produto que se vende noutras lonxas.

O distintivo de centolo do Grove figurará xa na lonxa. Na etiqueta de entrada, como este que vemos, xa aparecerá o logotipo. O consumidor final tamén poderá identifica-lo produto facilmente.

O selo implantarase a partir do vindeiro luns, día no que arranca a campaña.

Na Confraría de San Martiño agardan que a campaña sexa semellante á do ano pasado, cando baixo un chisco con respecto ó 2017. Aquela,lembran no pósito, fora a mellor de toda a historia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí