CAMBADOS> 45 anos despois da súa primeira exposición individual, Francisco Leiro volve a Cambados coa súa exposición bronce. Unha mostra composta por 45 pezas creadas dende 1980 ata a actualidade. Está aberta ao público no Pazo Torrado ata o 10 de xaneiro.
Os amantes da arte poderán gozar en Cambados dunha exposición histórica para a vila. O escultor cambadés, Francisco Leiro, volve a presentar unha mostra na súa vila 45 anos despois. A exposición Bronce está composta por 45 obras que recollen algunhas das creacións do artista dende 1980 ata a actualidade.
A exposición chega a cambados grazas a insistencia do técnico de cultura José Vaamonde e boa disposición do autor a volver a expoñer na súa vila. Para o concello é a culminación a un ano de gran nivel cultural en Cambados.
O Pazo Torrado conta con todas as medidas sanitarias para velar pola seguridade, como limitación de ocupación, xeles, obrigatoriedade de máscara e unha ruta marcada de entrada a saída. A exposición estará dispoñible ata o 10 de xaneiro. A mostra é unha das poucas actividades culturais que o concello pode levar a cabo. Debido as restricións a concellería de cultura viuse obrigada a aprazar todas as súas funcións.
Se a situación o permite o concello retomará as actividades culturais aprazadas como os concertos de Chévere, María do Ceo, Cuarteto caramuxo e as obras de teatro do ciclo de outono.