MEIS> O campo de golf de Meis prepárase para a celebración do torneo VI semana de ouro do albariño. Do 18 ao 24 de xullo ao redor de mil golfistas participarán nesta competición. Coa colaboración de cinco adegas da comarca, os premios para os gañadores son moi importantes.
O campo de golf de Meis atópase en perfectas condicións para celebrar unha nova edición do torneo VI semana de ouro de albariño. Unha competición que atrae a golfista de toda a provincia. Grazas ao nivel do campo e aos premios estímase unha participación de preto de mil deportistas.
O torneo terá lugar do 18 ao 24 de xullo e cada día poden participar ata 200 golfistas. Os 60 mellores pasarán á final.
Para o concello de Cambados, o a VI semana de ouro do albariño supón un aliciente máis para atraer visitantes á comarca e continuar promocionando o deporte.
O torneo entrega varios premios grazas á colaboración das adegas. Os tres primeiros recibirán a folla de prata, green fees gratis variando os meses segundo a súa clasificación, e un lote de botellas de albariño de todas as adegas.
Ademais haberá outros premios como unha viaxe a Cabo verde, unha estancia nunha casa rural de Meis, outra na quinta de San Amaro ou un vale de 250 euros para gastar no comercio local de Ribadumia, entre outros agasallos.