Joshua Alonso fala en Cambados do asasinato da súa nai para loitar contra a violencia machista

CAMBADOS> En Cambados, este 8M celébrase cun nome propio, o de Joshua Alonso. Trátase do fillo da muller asasinada pola súa exparella en Redondela no 2017 e que tivo que facerse cargo do seu irmán menor. O mozo ofreceu hoxe dúas charlas na localidade. Nelas, contou a súa traxectoria dende o asasinato da súa nai e que podemos facer cada un de nós para loitar contra a violencia machista.

É un relato arrepiante, que abre en todos nós unha fonda reflexión. É a historia de Joshua Alonso, fillo da muller asasinada pola súa exparella en Redondela no 2017 ao voar polos aires a súa vivenda. Hoxe, neste 8M, estivo en Cambados, ofrecendo unha dobre charla. A primeira das súas intervencións foi ante o alumnado do IES Francisco Asorey.

E o que fai Joshua é concienciar coa realidade que a el lle tocou vivir. Con tan só 26 anos asumiu a tutula do seu irmán menor despois de que a súa nai fose asasinada. Unha historia moi difícil de narrar, máis aínda diante da rapazada.

Joshua tamén foi quen de muda-la súa realidade, pasando de vítima a activista. O asasinato da súa nai tamén supuxo un cambio no seu currículo académico. Agora está a piques de rematar de formarse en materia de igualdade de xénero, na que quere centra-la súa carreira.

Detrás da charla de Joshua atópase Esmar, que organizou as dúas conferencias que ofreceu hoxe na localidade.

A outra das conferencias de Joshua Alonso celebrouse este serán no Audotorio da Xuventude de Cambados, xa destinada a público adulto.