A Xunta e o concello de Cambados reformarán os colexios de Magariños e San Tomé

CAMBADOS> A xunta de Galicia investirá máis de 170 mil euros en centros educativos de Cambados. Os proxectos implicarán a creación dun patio no colexio de Magariños e un comedor no de San Tomé. Neste último, o concello sufragará a metade da reforma.

O colexio Magariños de Cambados conta con 12 casas baleiras dos antigos mestres do centro. Unhas vivendas que teñen os días contados porque a Xunta de Galicia responderá a unha das grandes demandas do centro. Derribar as casas e facer un patio para que o poda aproveitar o alumnado do centro. Unha reforma que terá un custo de 114 mil euros.

Esta non será a única actuación que a Xunta levará a cabo en Cambados. O ente autonómico e o concello sufragarán a partes iguais os 120 mil euros que custará a creación dun comedor no colexio de San Tomé.

Con estes investimentos a consellería xa aportou aos centros educativos de Cambados ao redor de 2 millóns de euros. A alcaldesa aproveitou o acto para tenderlle a man ao ente autonómico para seguir mellorando os colexios da vila. Unha colaboración que dende a Xunta agardan seguir mantendo.

Dende os centros mostraron o seu agradecemento e satisfacción polas melloras a realizar.

A reforma do Magariños comezará unha vez que o concello entregue a licenza municipal. No colexio de San Tomé, os trámites comezarán as principios de ano e a obra levarase a cabo no verán do 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí