A Xunta destinará 2 millóns de euros para as melloras dos establecementos turísticos

O GROVE> A xunta investirá 2 millóns de euros en axudas para mellorar os establecementos turísticos e de restauración. Cada local podería optar a unha axuda de 50 mil euros. O anuncio tivo lugar no hotel La Noyesa do Grove, un establecemento que xa reformou as súas instalacións grazas a unha axuda de 39 euros da xunta de Galicia.

A xunta de Galicia continúa reforzando o seu sector turístico de cara á celebración do Xacobeo. O goberno autonómico destinada cada ano diferentes axudas para mellorar os establecementos hoteleiros. Un dos 168 hoteis que gazoron das subvencións do 2021 foi o de La Noyesa no Grove. O establecemento recibiu máis de 39 mil euros.

As obras permitiron ao hotel La Noyesa mellorar a accesibilidade e obter a Q de calidade. Estas axudas favorecen a modernización do sector hoteleiro para aumentar a súa demanda.

Dende o concello celebran que establecementos referentes como La Noyesa reciban estas subvencións e reformen as súas instalacións para mellorar a oferta turística do Grove.

Para este 2022 a xunta destinará 2 millóns de euros en axudas para as melloras do sector hoteleiro.

Dende a xunta sinalan, que coa gran calidade do sector hoteleiro, a chegada do Ave e a celebración do Xacobeo, as expectativas para este 2022 son moi altas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí