Zona Aberta organizará a 8 media maratón solidaria en apoio á Fundación Andrea

VILAGARCIA> A Asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía organiza a oitava edición da maratón solidaria. A recadación deste ano irá destinada á Fundación Andrea. A carreira terá lugar o 24 de novembro.

A Asociación de comerciantes zona Aberta de Vilagarcía volve a mostrar a súa cara máis solidaria. A agrupación, que acostuma a levar a cabo numerosas iniciativa para fomentar o comercio local, volve de novo a pensar nos máis necesitados a través do deporte. O vindeiro día 24 de novembro celebrarán a súa 8 media maratón solidaria.

O ano pasado participaron 500 corredores obtendo unha recadación de 2500 euros. Este ano os cartos serán doados á Fundación Andrea. Unha asociación que colabora cos nenos con enfermidades de longa duración.

Os participantes poden inscribirse a través chmpionchip.com. A inscrición ten un custo de 12 euros ata o 17 de novembro e 18 ao 21 deste mes pasará a custar 15 ou 16 euros. O circuíto parte da Tir e remata na praza da Segunda República despois de dar dúas voltas pola vila. Un percorrido cómodo para os corredores e fácil de seguir para o público.

A proba conta co patrocinio de Sánitas e do concello de Vilagarcía.

Dende a organización piden axuda a todos aqueles que queiran colaborar como voluntarios. Quen o desexe pode apuntarse achegándose a zona aberta ou chamando por teléfono.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí