SANXENXO> Sanxenxo xa presume das súas 17 bandeiras azuis. Esta mañá o presidente da Xunta e o alcalde encargáronse do izado da insignia da praia de Silgar. Unha escena que se repetiu de forma simultáneo nos outros 16 areais do municipio que tamén contan con este distintivo. Sanxenxo mantense como o municipio de España con máis bandeiras azuis nas súas praias. A elas hai que sumar bandeiras azuis en 3 portos deportivos, 1 centro azul e 8 sendeiros azuis, tamén o concello de España co maior número.
Esta escena repetiuse hoxe en Sanxenxo de forma simultánea en 17 praias de Sanxenxo. Mentres a rapazada co Plan Concilia encargouse do izado de bandeiras azuis nos distintos areias, no máis emblemático, o de Silgar, foi o presidente da Xunta e o alcalde os encargados de colgar a insignia xunto a Alba, unha rapaza da vila. O municipio repite como o concello de España con máis distintivos, revalidando os que xa tiña.
O alcalde explicou o esforzo que supón manter esas 17 bandeiras azuis. Un distintivo, explica, que acredita a calidade das augas e a limpeza, accesibilidade e servizos dos areais. Telmo Martín apunta a que contribúen a situar a Sanxenxo como unha referencia do turismo de calidade en toda España.
O presidente da Xunta puxo en valor o papel de Galicia como referente nacional en calidade ambiental e turística, con Sanxenxo como gran referente.
Alfonso Rueda lembrou tamén que máis alá das 17 bandeiras azuis das praias, Sanxenxo conta ademais con bandeiras azuis en tres portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas.