A Mancomunidade do Salnés presenta a segunda edición da súa revista do Plan Integrado de Emprego

CAMBADOS> A mancomunidade do Salnés presenta a súa segunda revista do programa integrado de emprego. O boletín inclúe un balance e un resumo das actividades realizadas polo plan de emprego e se complementa con entrevistas a profesores e antigos alumnos e información de interese, como as novidades da reforma laboral. Publicaranse 500 exemplares que se repartirán entre os concellos, asociacións e empresas que colaboran coa mancomunidade.

A mancomunidade do Salnés lanza a segunda edición da súa revista do programa integrado de emprego. Unha publicación na que o organismo comarcal fai balance das actividades desenvolvidas polo programa. Ademais compleméntase con entrevistas e con información de interese como os datos máis significativos da reforma laboral.

O programa está financiado en gran parte pola xunta de Galicia. Dende a administración autonómica destacan o traballo da mancomunidade e a importancia desta revista para dar a coñecer todas as tarefas que realizan.

E que ademais, esta edición inclúe un balance dos 10 anos de celebración deste plan integrado de emprego. 10 anos onde a orientación, innovación e contacto continuo coas empresas foron claves para superar o 90% de contratos por ano.

Na actual edición que está en marcha, os alumnos xa puideron realizar 18 cursos diferentes e 40 participantes xa foron contratados. O obxectivo para este ano é conseguir un 95% de contratos laborais.