RIANXO> Hai uns días retomábanse as obras de remodelación do firme da alameda do Campo de Arriba, en Rianxo. Se o tempo acompaña, a actuación podería estar rematada xa a vindeira semana, recuperando así este espazo para uso e disfrute dos veciños.
Paralizada polas malas condicións metereolóxicas, que influían no desenvolvemento do proxecto e tralo parón de Nadal, a empresa adxudicataria dos traballos iniciaba hai uns días de novo as obras de remodelación do firme do Campo de Arriba. Segundo o alcalde, Adolfo Muíños, a actuación, incluída nas obras do Plan Único da Deputación da Coruña, podería estar rematada xa a vindeira semana, para uso e disfrute de tódolos veciños.
A actuación lévase a cabo baseándose en criterios respetuosos co medio ambiente, realizándose un compactado de terra con cal e xabre, o que lle dará unha imaxe similar ó anterior. Conta cun orzamentos duns sesenta mil euros.