Boiro acolle este domingo a II Travesía Illa da Bensa

BOIRO> O Club Natación Boiro en colaboración co concello da vila, organizan a segunda Travesía Illa da Bensa. Unha competición que se realizará este mesmo domigo, día doce de agosto. A saída terá lugar dende a Praia de Carragueiros ás cinco da tarde. Un percorrido de ida e volta a illa da Bensa duns tres mil metros por mar aberto. Como novidade, tamén haberá un percorrido curto, de catrocentos metros, para os nenos nados a partir do dous mil quince. Na presentación tamén estivo presente o alcade de Boiro, quen quixo recordar que con esta travesía dende o concello fomentan o deporte no municipio. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata este venres as dúas da tarde. Os interesados poderán facelo a través do correo electrónico deportes@boiro.org ou por teléfono. Destacar tamén que se aceptarán inscricións na mesma praia ata as catro e media da tarde. Esperan que participen unhas cen persoas.