As familias optan pola compra gradual do material escolar ante a incerteza deste curso

A POBRA> As familias apuran os días previos á volta ó cole para facerse cos libros e material escolar. Este ano semella que a tendencia é mercar de xeito progresivo ante o temor de que se poidan suspender as clases presenciais. Achegámonos ata a libraría Ler da Pobra para coñecer como están a ser as vendas nesta semana de tanta actividade.

Ademais de condicionar a volta ó cole, o COVID tamén está a afectar ás compras de libros de texto e material escolar. Algunhas familias retrasaron a encarga de libros ante a posibilidade de ter que realizar o curso on-line.

Con respecto ó material, a compra é gradual; prefiren adquirir o necesario a curto prazo e non para todo o curso.

Ademais do tradicional material escolar, este ano incorpóranse ás listas da compra artigos novos, relacionados co covid, como o estoxos para gardas as máscaras de protección.

Malia os condicionantes desta peculiar volta ó cole, o propietario da Libraría Ler da Pobra está moi satisfeito co volume de vendas e augura unha mellor tendencia conforme avance o curso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí