Os casos activos de covid en Barbanza seguen a dispararse

BARBANZA> O volume total de casos activos na área sanitaria Santiago-Barbanza segue a dispararse. Hoxe son 817, 146 casos máis ca onte. Especialmente preocupante é o caso de Boiro, que hoxe supera xa os 100 positivos, concretamente 103, 29 casos máis na última xornada. Deses 24, un total de 19 foron detectados no cribado realizado estes días no centro de saúde da localidade na franxa de idade dos 16 ós 29 anos e só cunha participación do 58% dos citados.

A Boiro en peores rexistros séguelle Ribeira, que xa ten hoxe 65, 19 mais ca onte: Pobra do Caramiñal suma 44, 13 máis ca na xornada anterior e Porto do Son sobe dos 26 ós 30. Rianxo mantense nos 20, 1 máis ca onte.

O resto de municipios: Muros, Outes, Noia e Lousame mantéñense polo de agora na franxa de 1-9 positivos a 14 días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí