RIBEIRA> O concello de Ribeira conmemorará o 25 N coa campaña ‘Unha imaxe por elas’. Ademais de actos en lembranza das vítimas inclúe numerosas propostas encamiñadas á prevención da violencia de xénero dende a base.
O lema deste ano ‘Unha imaxe por elas’ resume perfectamente o contido desta campaña na que se distribuirán imaxes de sitios emblemáticos do concello de Ribeira acompañados do nome e unha breve reseña biográfica das vítimas da violencia machista neste 2022.
A campaña inclúe tamén numerosas actividades en colaboración cos centros escolares do municipio para fomentar a prevención dende a base. Así, desenvolverase o espectáculo de maxia ‘A Igualdade non en truco’, varias sesións de contacontos e o stand ‘Agresión Off’ que se instalará na praza do concello o día 29 de novembro. Desenvolverase como tódolos anos tamén un curso de autodefensa para mulleres que precisa de reserva previa no CIM.
Os actos centrais terá lugar o 25 pola mañá na praza do concello. Ademais da programación propia, o concello de Ribeira adheriuse á campaña da Xunta ‘Camiño ó Respecto’ e á da Deputación da Coruña que leva por título ‘De Fronte’