POBRA> Pouco despois das tres da tarde rexistrábase un aparatoso accidente no lugar do Camiño Ancho, na Pobra. Dous vehículos colidían nun cruce na estrada comarcal AC-302. A consecuencia do impacto un dos turismos envorcou resultando ferido o seu ocupante que foi trasladado en ambulancia ó hospital do Barbanza.
Foi precisa a intervención dunha dotación do parque de bombeiros de Ribeira para a retirada dos vehículos e limpeza da estrada. Mentres non concluíron os traballos foi necesario regular o tráfico posto que un dos carrís non estaba operativo. Encargáronse do dispositivo axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil da Pobra.