A conselleira anuncia o II Podcast – Radio na biblio dende a emisora do Plurilingüe San Bartolomé

VILANOVA> Mañá é o día mundial da radio. Como recoñecemento a conselleira de educación visitou a pequena emisora do CEIP San Bartolomé de Vilanova. Carmen Pomar anunciou a convocatoria do II Podcast – Radio na Biblio. Aproveitando a visita, dende o colexio e o concello puxeron en valor a importancia da educación no rural.

O 13 de xaneiro é o día escollido mundialmente para homenaxear ao medio de comunicación da radio. En recoñecemento a esta data, a conselleira de educación visitou o CEIP San Bartolomé de Vilanova, un dos centros galegos que contan cunha pequena emisora. Os alumnos do centro aproveitaron a visita para entrevistar a Carmen Pomar.

Aproveitando a visita, dende o centro quixeron poñer en valor a importancia da educación no rural.

A esta reivindicación sumouse o alcalde de Vilanova. Gonzalo Durán considerou que a verdadeira Galicia coñécese no medio rural. Tamén afirmou que na recente visita ao presidente da Xunta solicitoulle ampliar a rede de internet nos núcleos rurais.

Na visita a conselleira tamén anunciou a convocatoria para o II Concurso Podcast – Radio na Biblio. O certame consta de catro modalidades e se escollerán dous podcast por cada unha. Este ano está dedicado, ao igual que o día das letras galegas, o filólogo e escritor Ricardo Carvalho.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí