A Illa volcada na busca do seu mariñeiro desaparecido

A ILLA> Continúa a busca do mariñeiro da Illa desaparecido preto da Illa de Ons. Os servizos de emerxencias retomaron a procura a primeira hora desta mañá. No operativo están a participar dúas embarcacións de salvamento marítimo, o remolcador da armada, patrulleiras da Garda Civil e un barco de gardacostas. Tamén participou dende o aire o helicóptero Helimer 402.

A ría de Arousa mantén corazón nun puño ante a desaparición de Harry Otero. Os servizos de emerxencias retomaron hoxe a primeira hora a busca do mariñeiro da Illa. O operativo estase levando a cabo en diferentes puntos, sendo o entorno de Ons o de maior interese. Nas tarefas están a participar dúas embarcacións de Salvamento Marítimo, SAR Gavia e Salvamar Sargadelos, o remolcador Mahón da Armada, patrulleira da Garda Civil e o barco Punta Falcoeira de Gardacostas. Os equipos contan co apoio aéreo do helicóptero Helimer 402. Por terra os operativos os están levando a cabo, Protección civil de O grove, despregado no entorno de San Vicente, e o servizo de emerxencias de Sanxenxo, percorrendo a área entre Paxariñas e a Lanzada. Ademais dos servizos de emerxencias, numerosos mariñeiros da Illa lanzáronse ao mar coas súas embarcacións para axudar na busca do mozo da illa.

A desesperación na Illa de Arousa levou esta mañá a tres buzos a somerxerse no entorno da Illa de Ons para buscar ao seu compañeiro, a pesar do aviso de Salvamento Marítimo de que o facían pola súa conta e baixo a súa responsabilidade. A estas tarefas de rastreo sumáronse preto do medio día máis buzos capacitados para realizar estas labores. A esa mesma hora efectivos do grupo de actividades subacuáticas da Garda Civil incorporábanse ao operativo de busca.

Harry é un mozo da Illa moi coñecido en toda a contorna. Un apaixonado do fútbol, formado na canteira do Céltiga e que logo deu o paso a equipos como o Vilanova, o Ribadumia B e o San Miguel de Deiro, actualmente milita no equipo de veteranos da Illa. Mariñeiro con moita experiencia e amigo de toda a mocidade da Illa. Fai un meses levou a maior alegría da súa vida converténdose en pai. Un rapaz moi querido na vila e polo que a súa querida Illa non perde a esperanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí