As criadoras porán á venda máis de 220 produtos no mercado do galo de curral de Meis

MEIS> O mercado do galo de Curral regresará a Meis o vindeiro 22 de decembro. As 10 criadoras repiten cos seus postos nos que porán a venda máis de 220 galos criados por elas mesmas. O mercado estará acompañado dun showcooking organizado polo obradoiro de hostalería da mancomunidade do Salnés.

Unha das citas tradicionais na comarca do Salnés o día 22 de decembro é o mercado de galo de curral de Meis. As 10 criadoras venden na Praza de España da vila uns produtos de gran calidade.

As criadoras porán á venda máis de 220 galos que poderán mercarse reservando por anticipado ou no propio mercado. A celebración desta xornada supón un aliciente económico para estas vendedoras, ademais de vivilo tamén como unha xornada festiva.

Para acompañar o mercado, o concello de Meis celebrará un showcooking que correrá a cargo do obradoiro de hostalería da mancomunidade do Salnés. O evento substitúe as actividades para os máis cativos celebradas na pasada edición.

Debido á subida de todos os produtos, as vendedoras aumentaron o prezo dos galos un euro, situándose nos 11 euros. Un prezo asumible para un produto tan saboroso como o galo de Curral de Meis.