O sorteo de San Xoán de Zona Aberta premia ao número 4036

VILAGARCIA> A Asociación de Comerciante Zona Aberta de Vilagarcía celebrou o sorteo da cesta de San Xoán. O acto que ía realizarse no propio día da festa aprazouse por mor to tempo e hoxe tivo lugar no comercio alimentación Los Pepes. A rifa agraciada foi o 4036 e agasallouse en Deportes Rodas.

A última campaña da Asociación de Comerciantes de Vilagarcía tivo lugar nos días previos a San Xoán. Polas compras realizadas nos comercios asociados durante esas datas, os clientes entrarían no sorteo dunha cesta. O mal tempo obrigou a cancelar o festexo e a asociación decidiu aprazar o sorteo e levalo a cabo no comercio de alimentación Los Pepes.

Segundo Gelu Abalo a participación foi moi alta grazas, entre outros motivos, á maneira de entregar as rifas.

A cesta que recaeu no número 4036 está composta por produtos da terra.

O agraciado ou agraciada poderá reclamar o seu premio en calquera dos establecementos asociados en Zona Aberta.