Meis asumirá a atención das familias en perigo de exclusión social en lugar de Amigos de Galica

MEIS> O concello de Meis asumirá a atención das familias do seu municipio que dependían de Amigos de Galicia. Os servizos sociais traballan cos afectados a través dunha asistencia de emerxencia social. Diferentes asociacións xa se interesaron en encargarse desta atención.

A prohibición da Consellería de Sanidade a Amigos de Galicia de manipular produtos frescos deixará a moitas familias sen a atención necesaria. Por este motivo, a fundación alertou aos diversos concellos de que non podería cubrir as necesidades dos seus veciños en risco de exclusión social. Un destes municipios é o de Meis. Dende o goberno non tardaron en tomar medidas para evitar que ninguén quede desatendido na súa localidade.

As familias afectadas contarán co respaldo do concello de Meis. A vindeira semana o goberno local reunirase con Amigos de Galicia para que lles expliquen a situación na que quedan estes veciños.

O servizos sociais xa están a traballar cos afectados mentres non se atope outra alternativa.

Diferentes asociacións e fundacións xa se puxeron en contacto cos servizos sociais para encargarse da atención destas familias. Dende o concello agardan á reunión con Amigos de Galicia antes de determinar a vía máis adecuada para asegurar a atención destes veciños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí