A Mancomunidade do Salnés presenta un novo curso de impresión 3D pensando nos empregos do futuro

RIBADUMIA> Formación para traballos do futuro ou para o propio autoemprego. Con esta afirmación a mancomunidade do Salnés presenta unha nova edición do curso de impresión 3D. 12 alumnos formaranse ao longo de 100 horas.

O plan integrado de Emprego da mancomunidade do Salnés forma traballadores non só para actualidade, senón tamén pensando no futuro. Son moitos os cursos en novas tecnoloxías que ao longo do ano o ente comarcal oferta para os participantes do seu plan formativo. Nestes días están levando a cabo unha nova edición do taller de impresión 3D.

Cada vez son máis empresas as que demandan nos seus empregados estas ensinanzas.

A impresión 3D tamén permite aos alumnos facer traballos por conta propia.

O curso estase levando a cabo en Ribadumia. Participan 12 alumnos do Plan Integrado de Emprego. A formación ten unha duración de 100 horas.