Xoán Carlos I xa está en Sanxenxo

SANXENXO> Xoán Carlos I xa está en Sanxenxo. O monarca emérito chegaba á vila ao redor das 20.10 desta tarde, despois de 655 días fóra de territorio español. Facíao directamente á residencia de Pedro Campos, presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo. Nesta vivenda de Nanín o rei vai pasar toda a fin de semana para asistir á regata que organiza a entidade.

A parte da gran expectación mediática que xerou a súa chegada, numerosos veciños agardábano na contorna da casa. Alí despregaron bandeiras de España e mesmo aplaudiron cando viron o coche no que ía o monarca.

Mañá está previsto que durante a mañá se achegue ata a sede do Real Club Náutico. Alí participará na recepción oficial que lle están a organizar. Tamén na reunión de patróns que se celebrará antes da competición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí