VILAGARCIA> Vilagarcía presenta unha nova edición do Clas Clas. O certame do vindeiro ano alternará a artistas consagrados con novos talentos. O festival do 2021 darase do 26 ao 4 de xullo.
O festival Clas Clas volverá no 2021 a Vilagarcía para celebrar a súa cuarta edición. O certame de música clásica trae á capital do Salnés a prestixiosos grupos e solistas cun amplo recoñecemento internacional. Dada a situación actual, a organización preparou o cartel tendo en conta as posibles medidas sanitarias.
O festival segue a proposta do prestixioso trío Guarneri de Praga que este ano celebra os 35 anos de traxectoria.
Parte das actividades que o festival realizará o vindeiro ano terán un carácter educativo. Baixo o lema Carpe Diem, a organización busca combinar a artistas consagrados con novos talentos.
O festival tamén continuará abrindo as súas actividades e concertos aos novos públicos para obter cada máis seguidores. Un feito que quixeron destacar no concello de Vilagarcía.
O festival desenvolverase do 26 de xuño ao 4 de xullo. O nome de moitos dos artistas que participarán é unha sorpresa. A organización o irá desvelando nos vindeiros meses.