SANXENXO> Sanxenxo reclama unha comisaría da policía nacional para a súa vila. O goberno local xustifica o servizo ante a gran cantidade de turistas que residen no municipio ao longo do ano. Para garantir a seguridade cidadá, o concello renovou gran parte do parque móbil da súa policía local.
Os 18 mil habitantes que ten censados Sanxenxo non son suficientes para que a vila conte coa súa propia comisaría da Policía Nacional. Para poder contar con este servizo necesitaría 2 mil veciños máis. Pero dende o goberno local reclaman unha comisaría da policía nacional debido a gran cantidade de visitantes cos que conta Sanxenxo todo o ano
Dende o concello consideran que Sanxenxo debería contar con este servizo durante todo o ano, pero se non é posible, ao menos, que se reforce a vila durante o verán.
A seguridade é un dos factores máis importantes para Sanxenxo. De aí que o concello incrementase o persoal da policía local con 40 novos axentes e mellorase parte do seu parque móbil.
A policía local de Sanxenxo continuará contando con 12 vehículos: 8 coches, cinco deles novos, e catro motos. Entre eles incluíse o furgón doado pola xunta, que permite mellorar a atención dos axentes durante os seus servizos nas rúas.