A Mancomunidade do Salnés reforza o seu parque móbil con tres novas máquinas

SALNÉS> A mancomunidade do Salnés amplía o seu parque móbil con 3 novos vehículos. Cunha concesión gratuíta da Deputación de Pontevedra, a mancomunidade contará agora cunha motoniveladora, camión bacheador e unha máquina limpa praias. Os vehículos poderán ser utilizados por todos os concellos do Salnés.

Os concellos da mancomunidade do Salnés poden contar xa con tres novas máquinas para mellorar os seus servicios. A través dun convenio coa Deputación de Pontevedra, a mancomunidade obtén tres novos vehículos.

A motoniveladora era a gran demanda da mancomunidade do Salnés. Tanto esta máquina como o camión bacheador prestarán servizos importantes en todos os concellos.

As máquinas xa están a disposición dos diferentes municipios.

Con estas tres adquisicións, o parque móbil da mancomunidade do Salnés conta con máis de 22 máquinas. Vehículos que son dirixidos polos 20 operarios cos que tamén conta a entidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí