A Guadalupe tamén se rende ao COVID-19

RIANXO> Outras festas que caen. O Covid-19 lévase por diante tamén ás festas da Guadalupe. Nun comunicado oficial a Asociación ‘A Moreniña’, encargada xunto co Concello da organización dos festexos, informou da decisión. No seu comunicado din que o fan porque non poden garantir a celebración desta festa por varios motivos. Entre eles o descoñecemento de cal vai ser a situación da pandemia no mes de setembro e se haberá ou non rebrotes; as restricións impostas polas Administracións para poder celebrar as actividades ó aire libre e o feito de non poder evitar as aglomeracións. Pero sen dúbida un dos aspectos que máis influirom na toma desta decisión foi a situación económica actual pola que están a atravesar o sector do comercio e a hostalería a nivel local, así como tamén a veciñanza en xeral. Un momento que, segundo eles, non é o máis axeitado como para andar a pedir colaboración para as festas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí